sábado, 8 de novembro de 2014

T-G

a)Taragoña tente firme,
o Araño xa caeu,
Asados está a temblar*
co susto que lle meteu. RV
b)Taragoña tente en pé
que Araño xa se tumbou,
e Asados quedou temblando*
co susto que se levou. CH

Téñocho ollo botado,
heime de casar contigo
ou non hei de ser casado. Ms.2[1]

Teño lanchas, teño redes
e teño peixes no mar,
teño unha moza bonita,
xa non quero traballar. BOUZA BREY 1

Teño un amor en Rianxo
e outro en Vilagarcía,
para ir ver ós meus amores
teño que cruza[-la]r a ría. RV

Tes moito garbo co mozo[2];
pódelo meter nun saco
que non cho leve o raposo. Ms.2

Tiveches catorce noivos
e cinco máis dezanove;
o que se case contigo
traballadiña che colle. BOUZA BREY 1

Toca, pandeireta, toca,
senón heiche de rachar,
xa que me custastes os cartos
axudamos a ganar. Ms.3

Todos me din que me caso,
xa me dan o parabene,
todos me din que me caso,
pero non me din con quene[3]. BT

Toleas pola peneira,
toleas por peneirar,
toleas por ter amores
e non sabes namorar. BS




[1] Em BS: Téñoche o ollo botado,/ has de ser miña muller/ ou non hei de ser casado./
[2] Ter em conta para a rima o seseio próprio da Galiza.
[3] Em nota a roda pé, os compiladores aclaram: «Del archivo del coro Cántigas da Terra, de La Coruña. Consta como de "Taragoña (Coruña)".»
Em BS: Todos me din que me case,/ todos me din que vou ben;/ todos me din que me case,/ pero non me din con quen./

S-G

Sabe Dios* dentro dun ano
donde estará o meu corpo,
ou aquí ou noutro lado
ou na sepultura morto. Ms.1

Santa Xusta de Moraña
tres anos foi muiñeira;
gastaba xestas de palma,
trabadoiras[1] de oliveira. BS

Se o mar fora de leite
e o monte tuvera* broa,
moito tiñan que comer
os zapateiros de Noia. Ms.3

Sei cantar e sei bailar,
sei tocar a pandeireta,
que ma [a]prendeu miña nai
a conta dunha peseta. Ms.3

Sei cantar e sei bailar,
todo se me dá de man,
tamén sei sachar o millo
polo mes de san Xoán. Ms.2

Sempre andas: — Voume, voume.
Xa te podías ter ido.
Si te foses hai un ano
xa me tiñas esquencido. Ms.1

Señor San Bartolomeu
feito de pau de laranxo,
quen che mandou dar pintura
foi o cura de Rianxo. BOUZA BREY 1

Señor San Bartolomeu
feito de pau de sanguiño,
líbrame, Santo bendito
do lobo de Rianxiño. BOUZA BREY 1

a) Señor San Bartolomeu
que estás no medio da Ría,
que unha banda tés Rianxo
e de outra Vilagarcía. BOUZA BREY 1
b) Santo San Bartolomé*
está no medio da ría;
a un lado ten a Rianxo
e a outro a Vilagarcia. C 1

Seis parroquias ten Rianxo,
dúas delas interiores,
as outras bañas o mar
polos seus alrededores*. CH

Se o río de Té
fora de coñá
mais de catro mozos
irían alá. BOUZA BREY 1

Si che gustan as morenas
e as roxas che gustan máis,
tanto aquelas como as outras van,
todas van, todas van. XG

Si chove, deixa chover,
se orballa, deixa orballar,
que eu ben sei dun abriguiño
onde me hei de ir abrigar. BS

Son as mozas de Rianxo,
son as mozas rianxeiras,
como mazáns coloradas,
feituquiñas como peras. CH




[1] Trab[v]adoira: Pequeña compuerta o placa de madera que cierra el bucil del molino, impidiendo el paso del agua. Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego, A Coruña, Moret. 1979

R-G

Repinica no pandeiro;
non rompe, que é deste ano,
polo pelexo n’hai duda*,
que é pelexo de escribano. BT

Rianxiñas, rianxeiras,
rianxiñas de Rianxo;
rianxeiras son aquelas
que van polo mar abaixo. C 1

Rosiña andaba descalza,
Rosiña porque quería,
a casiña do zapateiro
Rosiña ben a sabía. Ms.1

Q-G

Quen che me dera, meniña,
no canaval do teu pai!
Non che había de valer
o chamar polo teu pai. BOUZA BREY 1

Quen te dixo a ti cativo
que eu me quería casar,
contigo, nin polo menos,
primeiro me hei de enterrar. Ms.2

a) Quérenme as nenas de eiqui
e as da banda de Leiro,
se me collen en Rianxo
berraranme en Abanqueiro. BOUZA BREY 1
b) Quérenmas nenas de aquí
e as da banda de Leiro
e se me collen por Rianxo
reñeranme en Abanqueiro. CPG

Que Rianxo é a máis poboada
iso sabémolo ben,
sendo a parroquia de Isorna
a que menos veciños ten. CH

Queridiña dóenche os ollos,
tamén che me doen os meus,
iralos lavar ó río
donde a troita lava os seus. Ms.1

— Queridiña, ergue e vaite.
— Como me hei de ir queridiña,
como me hei de ir e deixarte. Ms.1

Quixera por un anaco,
ser gancho do teu arete,
para decirche baixiño
en que inferno me meteches. BS

P-G

Para bailar e cantar
xa Rianxo ten a sona;
para rapazas bonitas
vivan as de Taragoña. BOUZA BREY 1

Para cantar e bailar
xa Bealo ten a sona
e para beber pola bota
o borracho de Taragoña. RV.

Para cantar e bailar
o Araño ten a sona,
para beber pola bota
as mozas de Taragoña. RV.

Para domingo que ven
van as miñas monecións,
agora vanse acabando
as miñas conversacións. Ms.1[1]

Para pan de trigo Caldas
para molete, Padrón,
para nenas que dan xenio,
as de San Pantaleón. CPG

Pasaste e non falastes
co fuxiño ribirado,
aínda cha de vir o tempo,
de falares con coidado. Ms.2

Pasei o mar da Marola
queridiña por che ver,
pasei o mar da Marola
a punto de me perder...!

Pasei pola túa porta,
mirei que estabas facendo
as papas nunha tixola,
hai que muller de goberno! Ms.2

Paxariño, gorrión,
onde vas faguer o niño?
Á horta do señor cura
no primeiro ramalliño. BS



[1] Em Bouza Brey 1: Heime de casar no Louro,/ no Louro cunha louriña, /Nosa Señora de Louro/ ten de ser miña madriña. Bouza Brey recolhe esta cantiga em Taragonha.

O-G

O aire que che levou
meu irmán para Marín,
o aire que che levou
púdome levar a min. Ms.1

O amor da costureira
era papel e mollouse,
agora costureiriña
o teu amor acabouse. Ms.1[1]

O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño,
cántano en Ribadavia
e resoa no Carballiño. Ms.1[2]  

O caravel cando nace
chámanlle caraveliño,
as fillas do Sr. Cura
chámanlle a seu pai padriño. Ms.1

O cariño que che teño
e máis o que chei [che hei] de ter
cabe na casca dun ovo
inda no a [non a] ha de encher. Ms.1

O corazón dunha pulga
quen o soubera guisar,
tiña xantar e merenda
e cea para cear. Ms.1

O crego chamoume Rosa,
eu chameille sorralleiro,
dixo que me ha de enterrar
ao pé do seu limoeiro. BS

O crego chamoume Rosa
e eu também lle respondín;
— Destas rosas, señor cura,
non llas hai no seu xardín. BS

O cura chamoume Rosa,
eu tamén lle respondín:
a)— Unha rosa como esa
non a ten o seu xardín. Ms.1
b)— Desta rosa señor cura
non as ten no seu xardín. Ms.2

O cura da Escravitú*
non é cura nin señor,
que confesou a criada
debaixo dun cobertor. BS

O Cura de Taragoña
ten unha ducia de amas,
tres Marías, tres Antonias,
tres Pepas, tres Xulianas. C 1

O gaiteiro de Soutelo
foi tocar a Redondela,
perdeu a gaita no monte
agora chora por ela. Ms.1

O gaiteiro toca a gaita,
a muller o violín,
os fillos as castañetas,
na miña vida tal vin[3]! BT

Olliños de mirar doce,
olliños de mirar forte:
olliños que me dan vida,
olliños que me dan morte. BS

Olvidásteme por pobre,
eu por rico che deixei,
mais vale pobre honrado
que un rico de mala lei. Ms.1[4]

O mar enche para arriba
e devala para baixo,
así fai quen ten amores
a) desa vila de Rianxo. Ms.1
b) nesta vila de Rianxo. C

O meu amor é celoso
non quer que fale a ninguén,
hai que cara de cochino
que reprendida me ten. Ms.1

O meu amor non me fala,
sei que o ten de grandeza;
como é un rapaz novo,
dálle o aire na cabeza. BS

O meu home vai na feira,
vai na feira das culleres,
si mo viras por alá
tíramo de antre as mulleres. BS

O pasar o regueiriño
díxenche que si, que si;
o regueiriño pasado
catro cornos para ti. BOUZA BREY 1

O paxaro da María
anda nas miñas cireixas:
— Come, paxariño, come
veremos as que me deixas. BOUZA BREY 1[5]

O paxaro de María
foime ás uvas o bacelo;
todos os paxaros ten pruma
o de María ten pelo. BOUZA BREY 1

O prixel é miudiño
foi medido na balanza,
cantas mulleres se perden
pola moita confianza. Ms.1

Orapún catapún, Maruxiña,
orapún catapún e máis ben,
nin o pai nin a mai nin a filla
nin cantas Maruxas ten. BT

O río cando vai cheo
leva carballos e follas,
tambén podía levar
as língoas murmuradoras. BS

Os de Noia son borrachos,
os de Muros aloqueiros[6],
os de Fisterra son mouros,
e os do Son son bucheiros[7]. CPG

O vento que che levou,
meu irmán, para Marín,
o vento que che levou
púdome levar a min.




[1] Também em CH
[2] Em BS: O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ si se canta en Ribadavia/ resoa no Carballiño./
[3] Em nota a roda pé, os compiladores aclaram: «Del archivo del coro Cántigas da Terra, de La Coruña, donde figura como Pandeirada de Muxía. El fa sostenido que aparece tres veces en el estribillo es natural en una versión, por lo demás idéntica a ésta, que nos cantó Alfonso R. Castelao.»
[4] Em BOUZA BREY 1: Olvidácheme por probe,/eu por rico che deixei;/vale máis probe honrado/que un rico de mala lei.
[5] Em BB 1: O paxaro de María/anda nas miñascereixas,/come, paxariño, come…/¡Veremos cantasme deixas/.
[6] Aloqueiro: Adj. Lugar pantanoso em que se detêm as águas. www.estraviz.org
[7] Bucheiro: s. m.  Aquele que tem por hábito comer qualquer cousa com o pretexto de beber. www.estraviz.org

N-G

Na festa de Guadalupe
non me quixeste bailar;
tes moito arruallo[1] nena
pero non te has de casar. CH

Na miña vida tal vin,
un gato nunha ventana*
a tocar un violín. Ms.3

No* me quites o cu das pallas,
no* me sentes o cu no chan,
que teño a cousiña fresca
e sequiña do verán. CH

Non chas quero, non chas quero,
nabizas do teu nabal;
non chas quero, non chas quero,
que me poden faguer mal. BS

Non me lembres Taragoña
terra onde eu nacín,
lémbrame a fonte do Grolo,
auga que eu de ela bebín! BOUZA BREY 1

Non quero ser muiñeiro
nin varre-lo trimiñado,
porque alá no outro mundo
piden conta do roubado. BS

No outro lado do río
teu pai comprou unha viña,
nin a cava, nin a poda,
nin tampouco a vendima. Ms.3

Nosa Señora da Barca
ten uns zapatiños brancos,
as mozas de Camariñas
vanllos ver os días santos. BOUZA BREY 1





[1] Arrualho: S.M. Altivez, soberba, orgulho. www.estraviz.org