sábado, 8 de novembro de 2014

A-G

A foliadiña de hoxe
mañán ha de ser sonada,
ela que si e que non
a min non me importa nada. Ms.1 


A miña Manoeliña
xa ma pideu un canteiro,
téñolle a palabra dada
a un muchacho* mariñeiro. Ms.1

A muller de tío Mateu
xirómeno meu teu un buratiño
que llo fixo o tío Mateu
xirómeno meu con un garabulliño. CH

A raíz do toxo verde
é moi mala de arrancar,
os amores de algún día
son moi malos de olvidar. BS

A Rianxo, Rianxo,
que hai boas mozas,
moreniñas e guapas
e moi graciosas. CH


A San Xoán de Buía
mira o que foron armar,
que tiña unha muller morta
debaixo do seu altar. Ms.1


A túa porta meniña,
á túa porta hai lama;
bótalle retrama* verde,
bótalle verde retrama.* BS


Virxen da Guadalupe,
descalza pola ribeira
en manguiñas de camisa,
parece unha rianxeira. BS

Virxen de Guadalupe
era a miña madriña,
recorcio para miña nai
que boa comadre tiña. CH

Virxen de Guadalupe
non hai virxen como ela,
igual navega por mar
que peregrina por terra. CH

a) A  Virxe de Guadalupe
que a fixo moreniña,
foi a raíña do Sol
que entrou pola ventaniña*. CH
b) A Virxe de Guadalupe
quen a puxo moreniña,
foi a raiola do sol
que entrou pola ventaniña*. CH
c) A Virxen de Guadalupe
quen a fixo moreniña?
raio do sol que entra
pola súa ventaniña*.

Virxen de Guadalupe
ten a casiña no Campo
e chámanlle Moreniña
os bons fillos de Rianxo. CH

Virxen de Guadalupe
quen a puxo moreniña,
foi a raiola do sol
que entrou pola ventaniña*. CH

Virxen de Guadalupe
velaí vai pola ribeira,
en manguiñas de camisa

parece unha rianxeira. CH

Ai! o carballo da portela,
ai! ten a folla revirada,
ai! que lla revirou o vento,
ai! unha mañá de xiada. BT

Ai! quen che anduriña fora,
anduriña da outra banda,
que o meu amor un suspiro
no piquiño lle levara. BS

Alá no medio do mar
un barco rebalancea[1],
unha peña* requebranta,
amor firme falsea. Ms.3

Alá ven Nosa Señora
andando pola ribeira,
trai as perniñas ao aire
parece unha rianxeira. BOUZA BREY 1

Aldeia de Atalaia
rodeada de loureiros,
non a pasean casados
que a pasean solteiros. BOUZA BREY 1

Aldeíña de Burés,
aldea de moita lama,
prenden os amores nela
como o salgueiro na lama. RV

Algún día fustes miña
agora véñoche a ver,
véñoche a decir meniña
si queres volver a ser. Ms.1

Amor que xa fostes meu
tíñache ganas de ver,
queríache preguntar
se queres volver a ser. Ms.1

Anque miña nai é probe
e teu pai un vinculeiro,
inda ti non es o galo
que cante no meu poleiro. BS

Apañei berberechos
na beiriña do mar,
aseinos na lareira
e comeunos o can. CH

Araño, meu Araniño!
Na parroquia do Araño
teño todo meu cariño. BOUZA BREY 1

Arreda loureiro verde,
deixa crarear a lúa;
si* non vexo os meus amores,
non vexo cousa ningunha. BS

Arrimeime a un pino verde,
pensei que me consolaba,
o pino como era verde
en vez de cantar choraba. Ms.2

As mociñas de hoxe en día,
non é unha que son todas,
poñen dous pares de medias
para ter as pernas gordas. Ms.3

As mozas de Pontevedra
moito lles gusta bailar,
solteiriñas e casadas van,
todas van, todas van. XG

As neniñas de Rianxo
pagan as rendas ó cuco,
eu como son rianxeira...
tócalle o pito, Farruco! BOUZA BREY 1

As rapazas de Buía
todas son unhas veletas*,
por un vaso de viño
deixan apalpar as tetas. RV

[1] Rebalancearv. tr. Pôr uma cousa de tal jeito que pese igualmente aos dous lados, como a balança no fiel. Colher uma cousa na mão e calcular o peso sem necessidade de balança. www.estraviz.org

Sem comentários:

Enviar um comentário