Canta
gordo, canta gordo,
meu
irmán Santiaguiño;
canta
gordo, canta gordo
que
eu cantarei delgadiño. BS
Canta
o cuco, canta o melro,
cantan
tódolos paxaros,
eu
tamén onte cantei
hoxe
choro os meu traballos. FE
Cara
de cañoto seco
vai
a merda, vai a merda,
que
eu contigo non me meto. Ms.2
Carballeira
de San Xusto,
carballeira
derramada,
naquela
carballeiriña
perdín
a miña navalla. BS
Carriño
das catro rodas
que
vas polo empedrado,
desperta
a miña morena
que
ten o sono pesado. BS
Cartas
me viñeron cartas,
cartas
do meu queridiño,
cartas
me viñeron cartas,
que
morrera no camiño. Ms.1
Casei
cunha moza en Leiro
que
é moi boa costureira,
pero
non vai aos mariscos
nin
me traballa na leira. CH
Caseime* fora: adios* porta,
portiña
do meu quinteiro,
horta
do meu saidiño,
sombra
do meu laranxeiro. BT
Chamáchesme
conacheira
heiche
de mandar prender…!
En
que feira ti me viches
con
conachas a vender? BS
Chamásteme
pera verde,
eu
a ti mazán podrida,
a
pera verde se come,
a
mazán podre se guinda. Ms.2
Coloradiña da cara
eu non che quixera ser,
porque a mazán colorada
todos a queren comer. Ms.1
Coma
queres que navegue
un
navío pola calma,
coma
queres que reviva
un
corpo que non ten alma. FE
Corazón
aleonado
dime
quen che aleonou,
pasáchelo
río cedo
e
a auga che mareou. Ms.1[1]
Sem comentários:
Enviar um comentário