Da banda do mar para alá
ten teu pai un pexegueiro,
dá castañas en agosto
uvas brancas en xaneiro. Ms. 3
De Cespón a Taragoña
ten teu pai un pexegueiro,
dá castañas en agosto
uvas brancas en xaneiro. Ms. 3
De Cespón a Taragoña
hai
un tiro de escopeta,
embarques,
queridiña,
deixa
devalar a seca. BS
Dende
a praia de Tanxil
vin
saltar unha cabala,
mariñeiros
de Rianxo
vinde
largar a secada. CH
—De onde ves María?
—Veño
da verdura.
—Ai
que ricas coles
ten
o noso cura! BS
Deprendéronme
a cantar
as
meniñas de Rianxo,
deprendéronme
a cantar
indo
polo mar abaixo. CPG; BOUZA BREY 1
De
Rianxo, miña nai,
de
Rianxo para Noia;
de
Rianxo, miña nai,
que
se fai a festa toda. CPG; BOUZA BREY 1
De
Rianxo para Leiro
aprendín
a sangrador,
para
sangrar as meniñas
que
teñen malo o color. C 1
Desde
que non che vin
xa
o camiño botou herba,
agora
quero saber
se
me olvidastes de veras. Ms.2
Sem comentários:
Enviar um comentário