sábado, 8 de novembro de 2014

Q-G

Quen che me dera, meniña,
no canaval do teu pai!
Non che había de valer
o chamar polo teu pai. BOUZA BREY 1

Quen te dixo a ti cativo
que eu me quería casar,
contigo, nin polo menos,
primeiro me hei de enterrar. Ms.2

a) Quérenme as nenas de eiqui
e as da banda de Leiro,
se me collen en Rianxo
berraranme en Abanqueiro. BOUZA BREY 1
b) Quérenmas nenas de aquí
e as da banda de Leiro
e se me collen por Rianxo
reñeranme en Abanqueiro. CPG

Que Rianxo é a máis poboada
iso sabémolo ben,
sendo a parroquia de Isorna
a que menos veciños ten. CH

Queridiña dóenche os ollos,
tamén che me doen os meus,
iralos lavar ó río
donde a troita lava os seus. Ms.1

— Queridiña, ergue e vaite.
— Como me hei de ir queridiña,
como me hei de ir e deixarte. Ms.1

Quixera por un anaco,
ser gancho do teu arete,
para decirche baixiño
en que inferno me meteches. BS

Sem comentários:

Enviar um comentário