sábado, 8 de novembro de 2014

V-G

Vente ventiño do mar,
vente ventiño mareiro,
vente ventiño do mar
tráeme o meu mariñeiro. BOUZA BREY 1

 Veño dunha romería*
agora vou para outra,
váiseme o tempiño todo
dunha romería* á outra. Ms.1

Veño da Virxen da Barca
veño de abala-la pedra.
Abalei a pequechiña
que a grande non quixo ela. BS.

Viva Leiro, viva Leiro,
Santa Baia tamén viva;
entre Leiro e Santa Baia
eu teño a quen ben quería. C 2

Viva Taragoña fermosa
paseadora de guapos,
tocadora de guitarras,
rompedora de zapatos. RV

Vou camiño de Padrón
parolando cunha nena,
que me leva o corazón
o mirarme nos ollos dela.

Sem comentários:

Enviar um comentário