María
ten boas pernas
que
llas vin no corredor,
non
hai pernas coma as dela
na
filla dun labrador. Ms.1
Marica
de Pastoriza
vela
aí vai pola ribeira
en
manguiñas de camisa
parece
unha rianxeira[1].
CPG
— Mariñeiro da Ría,
que
vento queres levar?
— Pola mañán vento do Norte?
e
á tarde, vento do mar. BS
Meniña,
ti es o demo
que
me andas atentando,
pois
no río, pois na fonte,
sempre
che encontro lavando. BS
Miña
nai, as ovelliñas…,
buscade
pastor pra elas,
que
estou doída de amores,
non
poido andar coas ovellas. BS
Miña
nai como é tan pobre
cando
non ten que me dar,
éncheme
a cara de bicos
e
dispois rompe a chorar. CH
Miña
nai doume unha tunda
co
aro dunha peneira,
teña
vergonza mi madre
que
chega a xente da feira. CH
Miña
nai, miña naiciña,
como
miña nai ningunha,
que
me quentou a cariña
ca
caloriña da súa. Ms.1[2]
Miña
nai non me cases
da
Barraca para abaixo,
que
non quero ser casada
entre
os pescos de Rianxo. RV
Miña
nai por ser vella
enterrárona
no palleiro,
deixáronlle
a cabeza fóra
para
tocar o pandeiro. Ms.1
Miña
sogra quéreme mal
porque
lle ando co fillo,
heille
de mandar recado
que
o garde no bolsillo*. Ms.1
Moito
miras para min
moito
me chiscas o ollo,
son
muchacha* de servir
non
podo atender a todo. Ms.1
Moza
que estas na ventana*
coas
puntas do pano fora,
quixérache ver
a cara
que
o pano non me namora. CH
Muiñeira
ribeiriña
muiñeira
ribeirana,
muiñeira
ribeiriña
tócoche
de mala gana. BS
Sem comentários:
Enviar um comentário