sábado, 8 de novembro de 2014

E-G

Ei ruíña! Ei ruada!
Vinde mozas a foliada. Ms.1

a)Enamoreime en tí meniña
porque che oín cantar ben,
agora morro de fame
o cantar non me mantén. CH
b)Namoreime en ti rapaza
porque che oín cantar ben,
agora morro de fame
que o cantar non me mantén. CH

En Leiro hai boas mozas,
en Asados a flor delas,
no Araño arañentas
e en Taragoña bubelas. RV

En Padrón hai boas nenas
e por Santiago, a flor delas,
na Coruña, as coruñesas,
en Betanzos, as garelas. CPG

En Rianxo hai unha lancha
que lle chaman a Manuela,
en toda a ría de Arousa
non hai lancha como ela. CH

Elas de Laíño son.
Collen o xunco na braña,
vano vender a Padrón. Ms.3

Eres* alto coma un pino,
delgado coma un chantón,
quen che a de querer a ti,
home de pouca razón. Ms.1

Escoitando cal ruxía
a auguiña de certa fonte
deixei nela moitas bágoas
pensando na triste sorte. FE

Escribíache unha carta
se ti a souberas ler,
se lla das a ler a outro
alá vai o meu querer. Ms.1

Escribín e non firmei,
vaia unha carta sin fin
e un cariño sin lei. Ms.2

Ese cantariño novo
xa veu o ano pasado,
agora volve a vir,
chámanlle o arrenovado. Ms.1

Esta casa é de pedra
e por dentro é de papel,
o señor que vive nela
chámase Don Manoel. BOUZA BREY 1


—Este cantariño novo
que o trouxo a esta terra?
—Foi o zapateiro de Noia
na punta dunha zuvela.[1] Ms.1


Eu ben vin estar o moucho
na cima daquel penedo,
non me arregále-los ollos[2],
moucho, non che teño medo! BS

Eu caseime* no Araño
coa filla dun arañón,
ela bonita non era,
pobre si, honrada non. RV

Eu caseime* no Araño
coa filla dun arañón;
roupa tiña, é diñeiro,
pero bonitura, non. C 1

Eu caseime* no Araño
pensando que había pan,
o forno da miña sogra
cría silvas no verán. RV

Eu caseime* por un ano
por saber que vida era,
o ano vai acabado
solteira quen che me dera. Ms.2

Eu casar miña meniña,
eu casar me casaría,
se a vida de casados
fora coma o primeiro día. Ms.3


Eu fun o mar por naranxas
cousa que o mar non ten,
todo veño molladiño

de ondas que van e ven.Ms.3

Eu non quero nada dela,
da raíz da espadana;
eu non quero nada dela,
nin da raíz nin da rama. BS

Eu querer, miña miniña,
eu querer, queroche ben,
solo* me falta saber
se ti me queres tamén. Ms.3

Eu son de Rianxo,
de Rianxo son,
pesco desde a Arousa
ata o río de Padrón. CH



[1] Hipercorreção por suvela.
[2]Arregále-los [Arregales os]: Arregalar: Vr. tr. Abrir muito os olhos. www.estraviz.org

Sem comentários:

Enviar um comentário