Dixo Tolstoi que dende a Idade Media as
clases altas da sociedade viviron sen arte propio, e que só o pobo seguiu
gozando dun arte propio, e que só o pobo seguiu gozando dun arte verdadeiro,
que responde a súa concepción da vida. Isto parece escrito adrede para Galiza,
pois mentres os señoritos alleeiros vivían espiritualmente de prestado, o pobo
galego seguiu creando arte e sabedoría.
Velaí están os
refráns, algúns tan sabios como este, que quero ofrecer a vosa consideración de
revolucionarios, porque é todo un tratado de economía: « Malia o dente que come
a semente ». Velaí están os nosos cantares,
a rever tenrura e malicia, para competiren en beleza cos cancioneiros de calquera
outro país do mundo.Velaí están os hórreos, para demostraren o sentido galego
das fermosas proporcións. Velaí está a nosa escultura popular nos cruceiros,
nas fontes e nos portalóns. E velaí está, destacándose sobre da inmensa riqueza
folclórica da Galiza, a nosa música popular e os nosos bailes e danzas
populares. Os musicólogos poden lucir a súa erudición discutindo a procedencia
ou non procedencia árabe da nosa música popular e as relacións de parentesco
que poida ter coa de outros países afastados; mais ninguén discute o seu carácter
nacional », porque existe unha « música galeg » de extraordinario valor
artístico.
Sempre
en Galiza, 1944
Sem comentários:
Enviar um comentário